1) Obxecto

As presentes Condicións Xerais regulan as relacións entre a Federación Galega de Comercio ("Xestor" do Club Comercio Galicia) con domicilio en Ronda da Muralla nº 52, Entrechan Dereita. 27002. Lugo y CIF G27170158, e calquer individuo (en adiante "Titular") inscrito no Programa Club Comercio Galicia (o "Programa) para obter, baixo un único número de conta ("Conta de Puntos"), Puntos Club Comercio Galicia ("Puntos") identificándose no momento de facer a compra mediante unha tarxeta virtual ou física, número de teléfono, DNI ou calquer outro medio autorizado pola Xestora. As presentes Condicións Xerais poderán ser cedidas a un terceiro se así o decidira a Federación Galega de Comercio.

 

2) Alta de titulares

A inscrición dos Titulares mediante a cumplimentación correcta do formulario de inscrición dispoñible nos establecementos asociados, na páxina web baixo o dominio http://comerciogalicia.es/clubcomerciogalicia/ e calquer outro punto que a Xestora habilite ó efecto, xunto coa aceptación expresa ou firma das presentes condicións xerais. A inscrición correcta é requisito imprescindible para poder desfrutar dos seus dereitos e o canxe da bolsa de puntos. No caso de perda da tarxeta, o Titular debe notificar dita perda á Xestora, quen poderá realizar un traspaso de puntos a unha nova tarxeta, previa verificación da identidade polos medios que estime conveniente a Xestora.

 

3) Puntos

Os puntos son a recompensa polo abono das compras de bens/servizos realizadas nos establecementos adheridos ou accións establecidas nas empresas autorizadas ou outras figuras autorizadas pola Xestora, que estarán identificadas en cada momento na web http://comerciogalicia.es/clubcomerciogalicia/. Para a obtención ou canxe de puntos, é obrigatorio identificarse como socio do Club no momento de facer a compra ou realizar o pago. Non se poderá reclamar a acumulación ou canxe de puntos por compras feitas con anterioridade. Establécese un % mínimo de desconto en puntos sobre o total da compra, impostos incluidos, que dependerá do sector onde se produza. Os sectores e descontos estarán permanentemente actualizados na web http://comerciogalicia.es/clubcomerciogalicia/. No caso de devolucións de compras premiadas coa acumulación de puntos e as súas posibles promocións ou descontos en puntos adicionales asociados, será descontado o porcentaxe en puntos sobre a compra correspondiente e se actualizará o saldo de puntos dispoñibles. Se o Titular non dispón de saldo suficiente en puntos, deberá abonar a diferencia en efectivo ata regularizar a situación. No caso de discrepancia co saldo de puntos, o Titular debe porse en contacto coa Xestora nun plazo non superior a 60 días naturáis dende a data de compra presentando os debidos xustificantes de compra. A Xestora regularizará a situación analizando as probar aportadas. A Xestora poderá cancelar a conta do Titular se a inactividade é superior a 12 meses. A caducidade dos puntos fixarase en 12 meses dende a data de acreditación dos puntos na conta do Titular seguindo o método FIFO (caducan primeiro os máis antiguos). A Xestora non está obligada a súa notificación explicita ó titular, e non se poderá reclamar o reembolso dos puntos caducados. O canxe dos puntos tamén seguirá o método FIFO, canxeándose primeiro os máis antiguos.

 

4) Dereitos dos Titulares

Os Titulares accederán a tódalas vantaxes que poida ofrecer o Programa, unha vez aceptadas as condicións xerais, ademáis do canxe da bolsa de puntos dispoñible na súa conta polos productos ou servizos posibles en cada momento. Os Titulares poderán abonar o importe do canxe do producto ou servizo de maneira íntegra cos seus puntos ou con puntos máis euros na proporción que desexen ata satisfacer o importe total do producto ou servizo a canxear. A Xestora non é responsable da falta de stock ou cambios de precios nos servizos e productos dos establecementos adheridos.

 

5) Exclusión de productos ou servizos

Encóntranse excluidos da aportación de puntos os medicamentos suxetos a prescrición médica, tabado, timbrados e calquer outro producto que a Xestora estime oportuno.

 

6) Propiedade dos Puntos

O Titular é o responsable dos puntos e da súa utilización dende que se acredita na súa bolsa.

A Xestora non será responsable da súa neglixencia ou uso fraudulento.

 

7) Centro de Atención ó Titular

A Xestora porá o servizo do Titular un Centro de Atención ó Titular e unha páxina web, entre outros medios. En calquera de estos soportes, o Titular será informado do saldo da súa bolsa de puntos e a súa equivalencia na moeda oficial. Tamén poderá coñecer e modificar os datos persoais dispoñibles, informarse e resolver dúbidas ó respecto do funcionamento do Club Comercio Galicia.

 

8) Protección de Datos

Segundo o disposto na Ley Orgánica 15/1999, do 13 de diciembre, de Protección de Datos de Caracter Persoal, infórmase ó Titular que os datos persoais serán tratados nun ficheiro de datos de carácter persoal coas seguintes finalidades:

(i) a xestión e control da súa participación no Programa de conformidade con estas Condicións Xerais, o que conleva -entre outros- manterle informado (ós datos de contacto facilitados en cada momento, incluidos os electrónicos) en cada momento das vantaxes asociadas a súa participación no Programa e, por tanto, dos establecementos adheridos ó Programa e as promocións as que pode acceder na súa condición de Titular así como compartir coas Entidades Asociadas a información relativa para a debida xeración, canxe e caducidade dos puntos asociados a súa tarxeta; polo que consinte a que os seus datos sexan cedidos a ditas entidades asociadas relacionadas co sector do comercio, hostelería, talleres, banca, telefonía, servizos, transportes, seguros, construcción, viaxes, enerxía, saúde, xoierías, librerías, perruquerías, bodegas, venta a distancia, venta maiorista e industrias diversas e coas finalidades antes descritas.

(ii) o cumplimento das suas obligacións legáis; e

(iii) se así nos autoriza, por parte do responsable do ficheiro, o análisis do seu perfil de compra, a remisión de publicidade (persoalizada ou no o seu perfil), por calesquera medios (incluidos medios electrónicos) de productos e servizos propios dos sectores onde haxan realizado as súas compras coa tarxeta, e a realización de encuestas de satisfacción ou outras accións de investigación de mercado. A identificación, dirección e sector/es da actividade das Empresas ASociadas en cada momento estará dispoñible na páxina web do Programa.

A participación do presente programa pode conlevar a que se lle tomen fotos e a súa imaxen poida ser publicada en medios de comunicación, redes sociais e páxinas web relacionadas co Club Comercio Galicia; polo que vostede consinte o tratamento da misma. O Titular debe dirixir as solicitudes de acceso, rectificación, cancelación e oposición do tratamento do que é responsable a Xestora (por escrito) a Club Comercio Galicia, acreditando a súa identidade e indicando "Protección de Datos", ó domicilio da Xestora, isto é: Federación Galega de Comercio, Ronda da Muralla nº 52, Entrechan Dereita. 27002. Lugo. O Titular autoriza neste acto á Xestora a grabación das conversas que o Titular manteña co Centro de Atención ó Titular (CAT), as cuales serán grabadas para acreditar a xestión obxecto da conversa. Os datos marcados no formulario con asterisco son obligatorios, en caso de non completar algún pode supoñer a imposibilidade de incorporarse ó Club Comercio Galicia.

 

9) Vixencia e finalización

O Programa ten una vixencia indefinida, aínda que a Xestora poderá poñer fin ó Programa en calquera momento, previo aviso con 2 meses de antelación, tempo no que os Titulares poderán canxear os seus puntos. Unha vez finalizado o plazo, finalizarán os dereitos do Titular. A Xestora resérvase o dereito de cancelar a participación e a conta de calquer Titular con efecto inmediato mediante notificación por escrito, sen necesidade de certificar a súa entrega, cando o Titular incumpra calquer punto/s das condicións xerais do Club Comercio Galicia. A Xestora non resarcirá de ninguna maneira ó Titular.

 

10) Lexislación

As presentes Condicións Xerais rexiranse pola lexislación española.

 

 

Federación Galega de Comercio, Ronda da Muralla nº 52, Entrechan Dereita. 27002. Lugo. CIF G27170158